ComuniCanto en galego
Farei un percorrido persoal e emotivo sobre como o galego influíu na miña vida: desde a lingua herdada dos avós ata a ferramenta que me axuda a conectar co público nos escenarios, nos medios e tamén nas redes sociais. Con humor, lembranzas e retranca, defenderei que o galego non é só un idioma: é identidade, coherencia e mesmo un superpoder que nos dá raíces, confianza, música e futuro.
Son Fátima Pego Vilas, natural de Bastavales; son cantante, comunicadora, creadora de contidos e unha muller que vive en galego tanto na súa aldea natal, nos escenarios ou diante das cámaras. O galego é a miña lingua de vida e de identidade.
