María Maroño presente no LGx15 de 2025

María Maroño

Unha galegofalante nas aulas de Compostela

Falarei do contraste entre as clases que recibín no meu concello (rural) e as aulas onde agora estudo bacharelato cando cheguei a Santiago de Compostela. Ademais, contarei como cambiaron algúns prexuízos cara á lingua e como a mocidade reaccionou ante a chegada dunha rapaza que prioriza o uso do galego fronte o castelán. Rematarei contando algunhas anécdotas e solucións que aumentarían o uso do galego na xente moza e que propoñemos as estudantes dende organizacións como, por exemplo, Erguer. Estudantes da Galiza, da cal levo a responsabilidade na zona de Compostela.

Chámome María e estudo 2º de Bacharelato en Compostela, no IES Eduardo Pondal. Nacín en Touro, o que me permitiu criarme un contexto integramente galegofalante. En 3º da ESO agromou o meu interese, o que me fixo colaborar nalgunhas ocasións coa Mesa pola Normalización Lingüística (no Festigal, en manifestacións). En 4º da ESO uninme á organización Erguer. Estudantes da Galiza, da cal xestiono a responsabilidade na zona de Compostela. 

Así mesmo, sempre tiven impulsos culturais, e grazas a iso obtiven algúns premios literarios como o do Concello de Ames ou o Minerva. Tiven algunha iniciativa para preservar a vida de Luísa Villalta como foi en realidade (unha muller entregada ás loitas sociais) editando un pequeno documental con xente que a rodeou en vida (evidentemente non profesional). Gustaríame estudar Filoloxía Galega para contaxiar o mesmo amor polo galego, a súa historia e literatura, tanto como o que me ensinaron a min.